CROWDFUNDING

Se che apetece conseguir a novela gráfica Ricardo Mella- O home novo e a vez colaborar na sua edición, ou se tes curiosidade por ver de qué vai isto, achegate a http://vkm.is/ricardomella

luns, 9 de outubro de 2017

COMEZA O PROXECTO





Unha das primeiras imaxes do proxecto

O obxectivo deste diario é mostrar o proceso de traballo e creación do proxecto RICARDO MELLA. O home novo

Comecemos polo principio

Este verán, ao terminar unha sesión de cine na sé da Madriña Asociados,Javier Souto, amigo e compañeiro da reconstrución na clandestinidad da CNT en Vigo, suscitounos a idea de facer un cómic sobre a figura de Ricardo Mella Cea, escritor, intelectual e activista libertario.
Javier ofreceunos o posible apoio da Fundación Aurora Intermitente.
A Fundación promove "A difusión e fomento da cultura libertaria española entre a poboación, como medio para harmonizar ás persoas coa súa contorna física e social.
Ao meu irmán Ramón Trigo e a min, seduciunos inmediatamente a idea, tanto que antes de concretar con Javier xa comezamos a traballar no proxecto.

Xosé Trigo

Ningún comentario:

Publicar un comentario

EMAO EN LIÑA: Casa queimada [DEBUXO]

EMAO EN LIÑA: Casa queimada [DEBUXO] : Ramón Trigo e o seu irmán Xosé volven a sorprendernos con outro proxecto   apadriñado polo colectivo ...