CROWDFUNDING

Se che apetece conseguir a novela gráfica Ricardo Mella- O home novo e a vez colaborar na sua edición, ou se tes curiosidade por ver de qué vai isto, achegate a http://vkm.is/ricardomella

domingo, 29 de outubro de 2017

XA COMEZOU A CAMPAÑA

Xa arrincou a campaña de crowdfunding do libro: Ricardo Mella - O home novo.
iniciamos a campaña na plataforma Verkami para publicar esta novela gráfica que para nós é un proxecto moi especial.

Si che interesa colaborar na súa edición e conquerir o libro, atoparás mais info. en  http://vkm.is/ricardomella

sábado, 14 de outubro de 2017

APUNTES SOBRE RICARDO MELLA (1)




Mella escribiu innumerables artigos, máis de trinta ensaios. A súa curiosidade intelectual non coñece fronteiras: escribiu achega do amor e das paixóns, audaces opinións achega do ensino, contribuíu á difusión e clarificación da teoría, a práctica e a utopía anarquista.

Hai edicións dos seus escritos fechadas en Brooklyn, en Amsterdam, en Orleans, en Oporto, en Bos Aires, en Montevideo.

Traduciu a Bakunin, a Kropotkin, a Malatesta?

Foi unha, rara avis no contexto das teorías e da análise sociolóxica do seu tempo.

luns, 9 de outubro de 2017

PRIMEIROS ESBOZOS

Cemiterio civil de Pereiró, Vigo

Tumba de Carlos Oroza

Mausoleo de Ricardo mella

COMEZA O PROXECTO





Unha das primeiras imaxes do proxecto

O obxectivo deste diario é mostrar o proceso de traballo e creación do proxecto RICARDO MELLA. O home novo

Comecemos polo principio

Este verán, ao terminar unha sesión de cine na sé da Madriña Asociados,Javier Souto, amigo e compañeiro da reconstrución na clandestinidad da CNT en Vigo, suscitounos a idea de facer un cómic sobre a figura de Ricardo Mella Cea, escritor, intelectual e activista libertario.
Javier ofreceunos o posible apoio da Fundación Aurora Intermitente.
A Fundación promove "A difusión e fomento da cultura libertaria española entre a poboación, como medio para harmonizar ás persoas coa súa contorna física e social.
Ao meu irmán Ramón Trigo e a min, seduciunos inmediatamente a idea, tanto que antes de concretar con Javier xa comezamos a traballar no proxecto.

Xosé Trigo

EMAO EN LIÑA: Casa queimada [DEBUXO]

EMAO EN LIÑA: Casa queimada [DEBUXO] : Ramón Trigo e o seu irmán Xosé volven a sorprendernos con outro proxecto   apadriñado polo colectivo ...